UNHA ÚLTIMA CARTA. ANTONIS PAPATHEODOULOU-IRIS SAMARTZ


Comentei nunha entrada anterior que, curiosamente, atopei dous álbumes cunha temática similar!
Este texto de A. Papatheodoulou e I. Samartzi que edita Kalandraka foi IX Premio Internacional Compostela para Álbum Ilustrado.
Cunha presentación espectacular (é deses libros que dan ganas de tocalos só ó velos!) e cun texto claro, nostálxico, tenro... relátase o último día de traballo dun carteiro que leva moitos anos repartindo cartas nunha illa.
Palabras bonitas, desgrazas, ilusións, comunicación... que só o carteiro tiña na súa man nun tempo no que para comunicarse só había cartas.
Cun final precioso. Encantoume.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor