JAN ESTIVO ALÍ, X. NEIRA CRUZ

Xosé Neira Cruz presenta neste Álbum, Ilustrado por David Soler, unha fermosa interpretación do Retrato do matrimonio Arnolfini, pintado por Jan Van Eick. As numerosas opinións sobre o significado deste cadro e o seu misterio sucedéronse por parte da crítica.
O escritor aproveitou maxistralmente dito enigma para recrear un texto literario cheo tamén de interrogantes. Cada detalle do cadro recibe unha explicación novelística; os personaxes da obra e o autor parecen adquirir aquí vida propia, non por causa da pintura senón da forza da palabra e das explicacións.

É unha obra que desborda imaxinación e fantasía; un texto moi recomendable.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor