Mostrando entradas con la etiqueta Viaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viaxe. Mostrar todas las entradas

UNHA ÚLTIMA CARTA. PAPATHEODOULOU-SAMARTZI

 

Este texto de A. Papatheodoulou I. Samartzi que edita Kalandraka foi IX Premio Internacional Compostela para Álbum Ilustrado. Esta xoia de libro fai pensar pensar sobre a importancia da correspondencia (nun pasado non moi lonxano).

Cunha presentación espectacular (é deses libros que dan ganas de tocalos só ó velos!) e cun texto claro, nostálxico, tenro... relátase o último día de traballo dun carteiro que leva moitos anos repartindo cartas nunha illa.
Palabras bonitas, desgrazas, ilusións, comunicación... que só o carteiro tiña na súa man nun tempo no que para comunicarse só había cartas.
Cun final precioso. 



VICHES ISO? UN SINGULAR PERCORRIDO POLA VIDA DAS AVES INVISIBLES. JOSÉ ARCAS.

 

Son textos e anotacións de campo, de José Arcas que as acompaña con 138 ilustración de diferentes tipos de aves no seu hábitat e coas súas singularidades.


Para fixarse no que moitas veces nos pasa desapercibido. Editada en Galaxia. Na colección Lanterna de Aristóteles

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total