ASASINATO NA CASA ROSA. ARANTZA PORTABALES

 

Comeza unha novelas ("Os crimes de Loeiro") no que a Inspectora Iria Santaclara está sumida nun problema persoal grave (o ictus sufrido polo seu home que o deixou como a un vexetal) nese intre recibe un raro encargo por parte dun home moi rico e poderoso: que se infiltre na súa casa para averiguar cal dos membros da súa familia cometeu un asasinato (está convencido de que a morte da súa muller non foi natural senón provocada hai xa 4 anos). A cambio, pagaralle ó enfermo un caro tratamento.
Iria conta coa axuda do seu xefe xa xubilado (César Araújo) e xuntos comezan unhas averiguacións que os farán coñecer os hábitos, intereses... dos diferentes fillos do matrimonio.
Intriga, misterio e análise psicolóxica dos personaxes destacan nesta entretida novela editada en Galaxia.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total