"EN TI." XULIO L. VALCÁRCEL

"Regreso ao teu corpo
no que me afundo
para esquecelo todo.

Afondo en ti,
xa me levas
no claro día dos teus ollos.

Mergúllome no mel
da túa herba e dos teus labios.

Sinto un río
de bolboretas lenes

enchendo as miñas veas
mar arriba a desbordarme".
Xulio L.Valcárcel

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor