A PRAIA DOS AFOGADOS, Domingo Villar

Nesta novela de Domingo Villar, a aparición dun afogado coas mans atadas desata as conxecturas de si se trata dun asasinato ou un suicidio. É o arranque das investigacións do inspector de policía Leo Caldas, que comeza as súas pesquisas nun pobo mariñeiro do que coñeceremos a vida, as costumes das súas xentes e os misterios agochados do pasado.
Pareceume moi interesante (posto que enriquece o texto e nos fai pensar sobre a complexidade das interpretacións) a inclusión antes de cada capítulo de diferentes acepcións dunha palabra no dicionario.
Aínda que non conseguiu "engancharme" ata pasadas xa moitas páxinas, recoñezo que logo disfrutei coa súa lectura.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total