RECORTES. DESILUSIÓN

Sempre neste mes comecei o traballo do ensino, e de Balbordo, con ilusión, con expectativas positivas, con soños... Este ano é diferente. Seica os mestres de primaria e secundaria somos uns irresponsables, uns vagos... E seica tamén somos parvos (esto dígoo eu) por adicar moitas horas das nosas vidas -fóra do horario docente- a formarnos, a preparar as clases, a corrixir e corrixir, a tentar mellorar, a adaptarnos a continuos novos retos... con moito esforzo persoal de moitíííísimos profesores. E o que recollemos é tan só perplexidade, cando se sembra sobre nós a sombra da dúbida sobre a nosa adicación. O pior é que as críticas veñen das mans daqueles que deberían dignificar o noso traballo diario, que non é doado!Como dicía M. Rivas nun artigo do pasado 1 de xullo en El País:

"O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ó país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais. Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalecer o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?" (M. Rivas)

E pola parte que nos toca en canto a Bibliotecas, tamén dicía M. Rivas en dito artigo:
"Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e esforzo non retribuido do persoal de ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posible cun traballo nunca contabilizado." (M. Rivas)
Para rematar, co meu desencanto, continúo coas súas palabras: "O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construir ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia." (M. Rivas).


Pois si. A paciencia é a que se está acabando! Por que imos ter tamén que loitar contra a DESILUSIÓN?

RECORTES:
De E. Sánchez Pombo ("Son los profesores") ("Que los militaricen")
Outro de Suso de Toro ("Bocadillo de profesor")
A segunda parte do artigo de Antón Losada "Los listos de Madrid"
J. Antonio Aunión: "Van a por la educación"
Vídeo Informe Semanal


1 comentarios:

ana (biblosvivos) dijo...

Coincido plenamente contigo. Certamente é un comezo de curso no que temos que facer acopio de todas as nosas conviccións e lembrar aquilo que de verdade importa para non desesperar. Ganas dan de deixar de facer horas extras como unha tola por tentar de fomentar a lectura, promover un espirítu crítico e libre e sobre todo formar persoas, pero logo están esas moreas de rapaces e rapazas que saben agradecer e valorar e todo acaba pagando a pena...

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total

Bruk