O MALETÍN DO MESTRE. HIROMI KAWAKAMI

É unha breve pero intensa noveliña que sobresale polo seu intimismo e a relación peculiar que entablan dous personaxes solitarios: un vello mestre e a súa antiga alumna.
Atópanse nun bar e entablan unha relación na que os silencios e as palabras se suceden en diferentes encontros nos que o azar exerce un papel dominante.
Recordos, esperanzas e tenrura entremézclanse neste brevísimo libro editado en Rinoceronte.
O que máis me gustou foi o final.


"En noites como esta abro o maletín do mestre. Dentro non hai nada, só un espazo baleiro. Un enorme espazo que se estende" (Páx. 192)

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total