EU SON SULEIMÁN. ANTONIO LOZANO

Un libro que impacta. Narrado por un xove inmigrante que está no noso país e conta como foi o seu periplo desde que fuxiu buscando un futuro mellor en Europa e percorreu nun autobús unha gran distancia chea de perigos, cruzando o Sáhara. Miles e miles de  Km xunto con outros compañeiros ata un desenlace final no que non se consigue o obxectivo perseguido...
Un libro duro, impactante, bo para reflexionar sobre os medos, as dificultades, os soños... que teñen miles de persoas que con valentía buscan unha vida nova na que ás veces só atopan a incomprensión, a soidade e a explotación. Un texto tamén que ofrece un raio de esperanza.
Excelente para reflexionar cos rapaces sobre os dereitos humanos.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total