O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIANOITE. MARK HADDON

Neste texto, narrado en 1º persoa desde o punto de vista dun neno con síndrome de Asperger, o protagonista é un mozo de 15 anos (Chrstopher) que, aínda que domina á perfección as matemáticas e é capaz de memorizar, por exemplo, datos incribles de reter... ten dificultades na súa vida diaria e debe enfrontarse ós seus medos, manías e incomprensión de parte dos que o rodean.
O descubremento dun can asasinado no xardín da casa dunha veciña lévao a emprender unha obsesiva busca (como si fose un detective) na procura do asasino do animal; esta circunstancia provocará consecuencias impredecibles para a súa vida e tamén para a de aqueles que o rodean. Descubrirá aspectos da súa familia que nin sospeitaba e co seu comportamento provocará cambios con moitas consecuencias para toda a vida familiar.
A obra está editada en Rinoceronte e Salamandra.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total