A BOCA CHEA DE TERRA. BRANIMIR SCEPANOVIC

Da editorial Rinoceronte, recomendo este curto e impresionante libro de Branimir Scepanovic.
Nel  altérnanse dous puntos de vista narrativos: o de un home que decide poñer fin á súa vida cando sabe sufre unha terrible enfermidade (baixa dun tren e pensa suicidarse nun bosque).
O segundo punto de vista é o de dous cazadores que o ven, o observan e deciden perseguilo; entón o relato transfórmase nunha desasosegante persecución que mantén un ritmo vertixinoso.
A reflexión do perseguido e dos perseguidores, o odio que se palpa nas páxinas cando unha colectividade se suma ós cazadores, o absurdo... provocarán en nós sentimentos intensos, similares ós que provoca a lectura de libros de Kafka.
Estupendo libro. 

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total

Bruk