O SOL DO VERÁN. CARLOS CASARES

Releo esta novela de Carlos Casares dez anos despois de tela lido e disfrutado.
É un libro sobre as nostalxias, os recordos, o tempo que voou da infancia e a adolescencia e que só perdura na memoria daqueles que o viviron; un tempo máxico e inenarrable para os que non foron partícipes do momento.
Unha muller (a protagonista da historia) lembra a figura dun amigo -Carlos- que se suicidou; é un mozo co que desde nova tivo unha estreita relación. 
Van enredándose no recordo situacións do pasado máis remoto coas dos momentos inmediatamente anteriores á morte do mozo.
É unha moi boa obra, intensa, chea de silencios (deses que cómpre encher coa imaxinación...) de intriga e de sentimentos.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor