PERSÉPOLE. MARJANE SATRAPI

Devorei dun tirón esta excelente novela gráfica, que xa lera hai tempo, da iraní  Marjane Satrapi.
Autobiografía na que a autora desgrana  a súa vida persoal, as súas búsquedas, a relación excelente coa familia... a educación progresista recibida que se trunca cando cambia o réxime iraní e hai un xeneralizado recorte de liberdades e dereitos (especialmente para as mulleres). Problemas en Irán, exilio a Austria (lugar onde lonxe de cumprir os seus soños cae nunha espiral de degradación e problemas persoais que a levan de volta a Irán). O contraste entre as liberdades de Europa e a represión do seu país, o desacougo entre o alá e o aquí, o seu casamento que buscaba liberarse, o divorcio... son algúns detalles desta biografía que nos atrapa completamente pola súa proximidade e valentía.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor