O BEBEDOR DE RAKIA, X. M. MARCOS

X.M. Marcos propón nesta impactante novela dous temas: a narración das consecuencias dunha guerra (neste caso as marcas psicolóxicas que nun ex-soldado casco azul imprimen as súas vivencias nos Balcáns) e, por outro, a violencia na familia (antes e despois da guerra) que imos coñecendo progresivamente, en "doses" ben suministradas para entrever o carácter dun maltratador.

É un texto que afonda na guerra dos Balcáns, dende a perspectiva das duras lembranzas do protagonista (tras pasar unha noite nun calabozo por motivos que pronto coñeceremos). Por outra banda, o comportamento de dito home está presentado tamén pola súa irmá, Branca, que nos proporciona outra perspectiva da súa historia.

Unha boa novela.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total