BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS. DAVIDE CALI-RAPHAËLLE BARBENÈGRE


En Xerais atopamos este divertido álbum ilustrado, de 32 páxinas, de Davide Cali e da ilustradora Raphaëlle Barbanègre.
Sempre me encantan os libros que dan outra visión ou perspectiva dos contos clásicos, dos tópicos e estereotipos. Neste caso, como se ve no título, Brancaneves non está acompañada por 7 ananos senón por unha multitude que a acolle despois de escapar dunha malvada bruxa. Pero a hospitalidade é a cambio de que se ocupe das cousas do fogar. Imaxinade o traballo! Ante a insoportable situación terá que buscar unha solución, que outra muller lle pon en bandexa...

Un bo álbum para tratar a igualdade entre homes e mulleres.
Está editado en castelá en Anaya.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total