CIRCE OU O PRACER DO AZUL, Begoña Caamaño

Pareceume estupenda esta novela de Begoña Caamaño e disfrutei moitísimo coa súa lectura.

É un libro por momentos irreverente, que lle da voz a personaxes de Homero (Penélope e Circe) que só eran vistas dende o punto de vista masculino ou desde o silencio.
Penélope agarda por Ulises, do que non ten noticias hai moitos anos; é un exemplo de prudencia, paciencia e intelixencia. Recibe unha carta de Circe, a misteriosa e independiente deusa que lle comunica que está a vivir unha apaixoada historia co seu marido, Ulises.
Entre elas comeza unha intensa relación epistolar na que estas dúas mulleres tan diferentes resultan unidas pola relación que as vencella ó mesmo home: Ulises, ó que ambas descubrirán con outro ollar e ó que nos achegaremos véndoo coas palabras íntimas de dúas mulleres con desexos ben distintos.
Un libro imprescindible, precioso, que recomendo encarecidamente. Porque hoxe en día tamén hai moitas Circes e Penélopes...

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor