AS VOCES BAIXAS. MANOLO RIVAS.

Veño de reler As voces baixas. Novela de recordos, de memoria, das voces caladas e perdidas no tempo...
Mesturando recordos persoais cos da colectividade, Manolo Rivas ofrece anécdotas, visións da familia, dos coñecidos e esencialmente das xentes humildes e correntes que sempre agocharán caladas historias.
Protagonistas da obra son, pois, aquelas voces do recordo, o espacio das casas, da cidade... as travesuras dos nenos, as fotos antigas, os contos perdidos e tamén os rostros desaparecidos xa e esquecidos en calquera lado da memoria persoal.
Moi íntima e chea de amor polas palabras e os libros.
Estupenda. Conmovedora.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor