O ESCONXURADOR, XESÚS MANUEL MARCOS

Esta recomendable novela de Xesús Manuel Marcos lese dun tirón. É un libro que me gustou dende as primeiras páxinas. Provocoume a sensación de atoparme nunha terra máxica e familiar, de espíritus, sanacións, relacións humanas e milagres...
As múltiples persoas coas que se atopan os marabillosos pai e a filla protagonistas desta historia, os camiños que percorren, as probas que pasan, os misterios e interrogantes que plantexan, o seu pasado... xunto cos relatos e pequenas lendas (como "As campás mergulladas", "As nove doncelas", "A moura da encrucillada"...) fan deste libro unha lectura amena, de ambientes abertos á aventura e á imaxinación.
Un moi bo texto.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total