AMOR DE TANGO, Mª Xosé Queizán

Nesta novela de Mª Xosé Queizán a muller é a protagonista; as mulleres que habitan nun Vigo dos anos 20 e 30 e que loitan polo seu recanto na vida. Mulleres que viven os anos da república, a represión franquista, o amor, as dificultades, os enganos ou as convencións sociais...

As tres mulleres que sobresalen nesta historia pertencen a familias con ideoloxías moi distintas; da man de Margot (que rememora o pasado, a guerra que truncou as súas ilusións e as das súas amigas) contemplamos recantos de Vigo e do seu ambiente, tamén nos adentramos na historia íntima e persoal xunto ás vivencias colectivas.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total