A DAMA DA LUZ. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ-JORGE MAGUTIS.

Unha pequena homenaxe a Agustín (29-5-47/ 12-7-2016).

Este libro de A. Fernández Paz publicado en Xerais, con ilustracións de Jorge Magutis provoca sensacións de tenrura, nostalxia... pola visión optimista e á vez misteriosa da vida que xorde das súas palabras e ilustracións. 

Recordoume momentos de plenitude e desexos de vivir e fíxome pensar no poder que temos de transformar o que nos rodea segundo o noso estado de ánimo.
A forza das palabras do avó que revela un segredo moi ben gardado é un agasallo que lle outorga a calquera que o escoite. Parece un deses contos de antes de durmir que nos levan ó mundo fantástico dos soños. Déronme desexos de regalalo!
Destacarei un par de citas do texto:
" (...) abrazouno, nunha aperta longa e intensa que rematou nunha explosión de luz e fixo esvaecer a néboa mesta que nos rodeaba" (p. 31)".


"Agarda, só tes que agardar. Algo me di que, algún día, tamén ti irás con ela deica a illa máxica de S. Brandán. A dama da luz buscarate para que lle sirvas de guía. E entón, aínda que ningún cho dixera nunca, saberás o que tés que facer, igual que o souben eu e antes o soubo meu pai" (pp. 35-36).
Para mín foi un libro evocador e máxico.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total