AS HORAS ROUBADAS. MARÍA SOLAR

Deliciosa noveliña de María Solar que edita Xerais. Pode lerse en castelá en Grijalbo.
A paixón e o amor calado son quizás os dous temas fundamentais do texto, ademais das relacións familiares nos anos 70 e o papel bastante secundario da muller nesa sociedade.
O arranque da novela é unha misteriosa nota que leva un home maior nas mans (Anselmo) cando acaba de morrer; anotación que descobre o seu neto: "Dime que me queres". Pronto saberemos o segredo dun amor prohibido agochado durante anos e que nunca se esqueceu.
O misterio está engarzado no contexto de dúas familias moi diferentes (as dúas casadas e con fillos) que servirán de exemplo para asistir a diversos cambios da sociedade entre os anos 70 e 80; decisións de ruptura dun matrimonio nun caso (coa recente lei do divorcio) ou de ataduras doutra das parellas na que ela é a escrava do hogar. 
O amor adolescente, o descubremento do sexo, a intensidad do amor da xuventude e o amor adulto en diferentes formas configuran nunha novela áxil, interesante e fluída.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total