O ASASINO QUE HAI EN MIN. JIM THOMPSON

Duro e violento este libro de Jim Thompson que edita en galego Rinoceronte.
Un asasino en serie, psicópata e obsesivo, protagoniza unhas páxinas de gran profundidade psicolóxica nas que o protagonista ten múltiples claroscuros e vaivéns no seu comportamento.
Lou Ford, é axudante dun sheriff en EEUU; baixo unha apariencia normal agocha un monstro ó que nos asomamos directamente con forza cando palpamos nas súas palabras un vocabulario propio dunha mente perturbada, enaxenada e incoherente.
A versión dos feitos terribles que acontecen preséntase cunha naturalidade e espontaneidade, como si de algo habitual e normal se tratase. Adentrámonos na súa terrible mente enferma, como nun laberinto de sorpresas. 
Recomendable novela negra. Atrevida e provocadora.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total