CASA DE BONECAS, IBSEN H.

Casa de bonecas de Ibsen é unha desas obras que, adiantándose a ideoloxías e épocas, marcou un camiño (neste caso resumiríao como o do convencemento de que a forza das decisións e a búsqueda da identidade persoal non admite convencións).
A "casa de bonecas" na que habitan os personaxes é un símbolo perfecto do xogo que alí se escenifica; teatro dentro do teatro, felicidade irreal que de súpeto rompe porque era fráxil, porque non é posible manter un disfraz que xa non serve cando a persoa queda núa de ataduras e de ilusións. É unha obra de reflexión, de discusión, de contrastes... un texto que se precipita nas últimas páxinas, que discurre imparable igual que a firme decisión que toma Nora, muller protagonista xa do último acto da súa actuación na casa de bonecas na que habita. Péchase o telón é só resta unha porta pechada, ó outro lado: un mundo de incertezas pero no que os xogos xa van ser reais.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor