A CASA MÁIS GRANDE DO MUNDO, Leo Lionni

Son moitas as posibles lecturas e suxestións que me provocaron estas poucas páxinas e as súas magníficas e coloridas ilustracións.
A casa grandísima dese caracol fachendoso (ou inconformista?) que atopa a morte por non adaptarse ás súas posibilidades é o conto- ensinanza- que un pai lle relata a un fillo caracol como resposta cando o pequeno quere ter unha casa moi grande. No sucesivo, o caracol pequeno non desexará outra cousa senón vivir feliz co que ten, disfrutando da observación.
Podería tratarse dunha reflexión metafórica sobre a necesidade de non ter demasiadas ataduras para poder actuar con máis liberdade.
Non fai falla ter grandes cousas para ser feliz?
Non hai que desexar máis do que se pode acadar?

ou, outra lectura que se deduce: os inconformistas e soñadores deben adaptarse pois non collen na sociedade?
Un libro para reler.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total