BARTLEBY, O ESCRIBENTE, de H. Melville

Hai poucos meses que se publicou en Xerais Bartleby, o escribente de Herman Melville, regalo que me fixo unha amiga hai uns días... e que lin dun tirón. Provocoume a súa lectura a mesma sensación agobiante, pero de atracción, que a da obra de Kafka: A metamorfose coa que comparte unha visión absurda, desolada e inexplicable da vida ou dos comportamentos humanos.
O deseño da cuberta sintetiza perfectamente o carácter do protagonista que da nome a esta historia; impenetrable coma un muro, como ese muro que parece non perder de vista xamais mentras traballa.
O libro está narrado dende o punto de vista dun avogado que fala do seu traballo e presenta ós tres traballadores cos que comparte oficina. O comportamento dun deles (Bartleby) só podería ser calificado de inexplicable; especialmente polas consecuencias que provoca no seu xefe, subxugado pola arrolladora persoalidade do empregado, Bartleby, quen lle provoca sentimentos moi contradictorios. Personaxe especial ese que se limita a repetir ante diversas peticións: "Preferiría non facelo".

Tamén se pode ler este texto neste enlace virtual, aquí en castelá.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total