SOIDADES, Neus Moscada-Chiara Fatti

As ilustracións de Chiara Fatti para este brevísimo libro de Neus Moscada son pequenos momentos solitarios dunha nena que xoga, ri, le, soña, debuxa, escoita...
"Hai momentos en que me gusta estar soa...", así comeza este estupendo Álbum, e continúa con 12 ilustracións que se inician con: "...porque só estando soa..." e as súas explicacións sobre o que se alcanza neses intres de illamento. As dúas última láminas penso sintetizan unha moi boa definición da soidade, tamén da compartida
O libro pódese ollar e ler en 15 minutos; en 15 intensos minutos de soidade.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total