INVENTARIO DE FLORES. VIRGINIE ALDJIDI-EMMANUELLE TCHOUKRIEL


Deste marabilloso álbum con texto de Virginie Aldjidi e ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel existen edicións en castelá e galego en Kalandraka.
As detalladas ilustracións son en rotulador e acuarela e inclúen o nome común  da pranta, flor, nome científico, descríbese tamén para que se usa... Coas flores seleccionadas faise tamén un percorrido polos lugares do mundo no que se atopan ditas especies e aporta outros datos interesantísimos.
Antes do inventario propiamente dito hai unha descrición das partes da flor, modo de reproducirse da pranta e datos varios.
Neste enlace atoparedes unha experiencia interesantísima, que me parece excelente, con algún destes magníficos inventarios de Kalandraka, que ademais de Inventario de dinosaurios,  seguirei reseñando.
Un álbum para ollar e regalar.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total