OLLADAS, Dieter Wiesmüller

Este Álbum de Dieter Wiesmüller da editorial Kalandraka propón unha ollada distinta, unha ollada ós detalles do mundo visto desde a mirada dun animal, diferente en cada páxina.
Comeza o texto:
"O mundo está cheo de sorpresas. Sempre hai algo que descubrir, onde queira que vivas. Nin por un momento estás só: (...) só tes que mirar ao teu redor."

Logo, na lámina da esquerda albiscamos o ollo dun animal e á dereita a imaxe que ve, o espazo que contempla dun lugar do mundo, dunha actividade na que intervén o home, un diverso colorido...

Na última páxina descubrimos de que animal se trataba e hai unha invitación a OLLAR. Precioso!

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Bruk


Buruktawit

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor