EMIGRANTES, de Shaun Tan

Esta é unha novela extraordinaria. Non hai ningunha palabra, ningunha letra porque tal vez non son precisas cando se trata de expresar emocións difíciles de formular verbalizando. Excepto o título da Novela, non aparecerán máis que imaxes en cores grises, marrón, negro....
Emigrantes de Shaun Tan paréceme unha terrible visión das despedidas, da soidade, da perda, do peso do que falta... pero tamén é brillante como as esperanzas dos que tiveron e teñen que marchar.
Maletas, fotos, interrogantes, incomprensión son elementos imprescindibles cando se fala deste tema que, desafortunadamente, en Galicia nos tocou ter moi preto nalgunha rama da familia de practicamente cada un de nós.
Observa cada imaxe, cada expresión e cando teñas que facer un regalo especial, deses que conmoverán a quen saibas que o vai entender, merca este libro.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total

Bruk