FUME, de Antón Fortes

Hoxe, día dos Dereitos Humanos, releo este texto de Antón Fortes (con ilustración de Joanna Concejo). Penso que ten tal forza visual que incluso sobrarían as palabras dese neno que relata as súas impresións e vivencias mesturadas cos seus recordos.
Cada ilustración evocoume imaxes que non por moitas veces vistas deixan de facerme tremer: as multitudes amontoadas, a sensación de frío, as separacións, a fame, o medo, os berros, as roupas...
Os corpos cortados (especialmente a equiparación das patacas-rostros dunha páxina), as prendas de vestir baleiras entre redes... foron láminas que me pareceron especialmente significativas. E a máis tenra, por suposto, aquela na que o neno se agarra con forza ás costas dunha nai protectora e á que o neno, en certo modo, tamén protexe...
Podo imaxinar o silencio en contraste cos berros e os altofalantes, podo pensar na fame e nos olores desagradables pero é difícil pensar que unha vida poda anularse tanto pola intransixencia...

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total