INVISIBLES. RELATOS DE MALTRATO. MONTSE FAJARDO

Invisibles. Relatos de maltrato son 7 relatos curtos, que teñen a forza directa do cotidiano e común, coa dor que pechan as historias que mancan forte, coa violencia do desprezo da palabra que ultraxa, que fire ou do puño que golpea e bate... 
Son historias reais escritas por Montse Fajardo (editadas en Edicións Matriarcas) e que sen dúbida logran impactar. 
Son invisibles moitas mulleres que sofren distintos tipos de maltrato como tamén o son, desgraciadamente, moitos maltratadores que exercen o seu poder dun modo progresivo e agobiante pero tamén invisible, ás veces, para os que podan observalos. Mestres da manipulación e da violencia, ademais do forte control emocional... poden exercer terror sobre a vítima e moitas veces tamén nos nenos que soportan esta eiva. 
Un texto duro, uns relatos que sobrecollen e serven para reflexionar despois da lectura sobre a prevención dunha difícil realidade que pode afectar a calquera muller. Tamén son estas páxinas unha chamada a protexerse, detectar os primeiros síntomas para cortalos e chegado o caso ter o valor de denunciar e lograr recuperar as ansias de vivir en liberdade.

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total