SEIQUE. SUSANA SANCHES ARINS

Seique (Através editorial) foi elixido polos libreiros de Madrid  no 2019 como mellor título de fición e está traducido ó castelá e recentemente ó inglés. Tamén foi galardoado co Premio de Narrativa na V Gala do Libro galego no 2020.                
 Susana Sánchez  conta unha historia que parte do núcleo familiar, do escoitado, recordado, investigado pero tamén contado por outros personaxes e (na obra) por un "coro" que simboliza a memoria colectiva. A figura central é a do fascista que aterroriza e reprime, que chegou a ser alcalde, que só provoca dor... é o "tío Manuel" esa figura omnipresente na boca de todos pero tamén na memoria da familia . 

Constrúe un mosaico de visións e opinións sobre unha época de moitas vítimas inocentes, da dura represión franquista, de silencios colectivos que non deberían quedar no esquecemento.  

Escrito todo con minúsculas para non outorgar protagonismo ós que non o merecen, para non diferenciar con maiúsculas nomes ou movementos que ocasionaron terror, danos e medos inmensos... 

Cunha prosa áxil, certeira, punzante como o que narra roza o poético e o teatral na súa orixinal construción argumental.


Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total