QUE SABES DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO? MANUEL VEIGA TABOADA- Ilustracións de CARLOS GALLEGO


Neste sinxelo, breve e ameno texto de Manuel Veiga, con ilustracións de Carlos Gallego, en tan só 52 páxinas se resumen moitos dos feitos acaecidos como consecuencia da guerra civil en España. O ambiente previo ó conflito, o "Alzamento" dos militares contra o lexítimo goberno da República, os dramas acaecidos, o escenario internacional do momento, as extremas dificultades provocadas pola guerra e as súas horribles consecuencias explícanse dun modo moi didáctico nuns capítulos concisos e que poden ser comprendidos polos máis novos.
Reproduzo unha cita de Octavio Paz que o autor deste texto inclúe ó final do libro:

"Non tes que ser amigo do teu inimigo. Non, as diferenzas subsisten, pero o teu inimigo é tamén un ser humano e, unha vez entendido isto, xa non podes aceptar a violencia"

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total